viernes, 1 de abril de 2011

EU TAMÉN VOU ESCRIBIR A PORTOS DE GALICIA


Vou seguir o exemplo de Mary Sande e escribir á Xunta para pedir explicacións por este atropello á ría e invito aos que visitades esta páxina e vos indignades ante este despropósito a que fagades o mesmo. 

Á Dirección xeral de Portos de Galicia:

"Chámome Patricia Pérez López e son cidadá de Ortigueira, maior de idade e con
sentido da responsabilidade pola conservación do entorno, por ese motivo non podo deixar de manifestar a miña alarma e pedir explicacións polas actuacións de remodelación do porto deportivo que están a realizar na miña localidade.
Quero saber si estas obras se corresponden co proxecto de dragado do porto financiado orixinalmente pola UE. Quero que precisen e xustifiquen os insalvables motivos técnicos que obrigan a invadir e modificar substancialmente unha zona que conta coas seguintes proteccións medioambientais (Humidal de Importancia  Internacional, especialmente como hábitat das aves acuáticas (convenio Ramsar), Zona de Especial protección para as Aves, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Humidal protexido,  Zona de especial protección dos valores naturais (ZEPA) Quero saber si as autoriades medio ambientais foron consultadas, informaron e deron permiso para realizar estas obras. Non podo aceptar como explicación de todos estes daños un difuso beneficio público. E demando que, en caso de non ter unha resposta convincente deteñan este proxecto inmediatamente e restitúan a ría ao estado anterior a esta desfeita.

Atentamente, Patricia Pérez López"

2 comentarios:

  1. Portos, omnipotente, non precisa de permisos para obrar. Polo menos ata que alguén denuncia as obras. A Portos só lle interesa deixar constancia de que inviste en proxectos que logo rentabiliza en votos. Os estudos de impacto ambiental, os permisos de Patrimonio e a mesma protección costeira son conceptos fútiles que entorpecen o desenvolvemento social das nosas vilas. O ecoloxismo é unha filosofía caduca condenada a desaparecer polo empuxe da modernidade: portos deportivos, aparcadoiros, rotondas, etc.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben falado....Gracias por unirvos a isto, pois dende lonxe dáme moita pena ver o que lle están a facer ó noso pobo... Espero que máis xente se una a isto e así poder facer forza pra que paren esta desfeita...un saudo

    ResponderEliminar